ESOMI

cab0.jpg

Obxectivos da Rede

O obxectivo fundamental da rede temática sobre "Migración, xénero e desenvolvemento" é agrupar diferentes investigadoras, coa finalidade de avanzar na investigación, difundir resultados, e deseñar novas propostas de traballo. Os obxectivos específicos que cobre esta rede son os seguintes:

  • Leva a cabo intercambios e discusión sobre os avances das diferentes investigacións realizadas.
  • Mellora e innovación dos métodos de investigación aplicados ao estudo das migracións e o desenvolvemento.
  • Detección das dinámicas e reflexións emerxentes nesta esfera das migracións e o desenvolvemento.
  • Servir de vínculo de asesoramento para a reformulación de políticas públicas.
  • Deseño e elaboración de propostas de investigación conxuntas, tanto a convocatorias de ámbito nacional como internacional.
  • Produción dun coñecemento conxunto a través da posta en común dos avances de resultados das diferentes investigacións nas que están implicados os participantes.
  • Deseño de estratexia de especialización e innovación nesta liña de traballo.
  • Deseño de publicacións conxuntas.
  • Formación de investigadores júnior no ámbito desta liña de investigación.
  • Difusión de resultados á comunidade científica a través da programación de xornadas e seminarios.
  • Elaboración de estratexias de transferencia de resultados das investigacións ao sector produtivo e ás administracións públicas.
  • Realización de recomendacións para a implementación de políticas vinculadas á migración e o desenvolvemento, dende unha perspectiva de xénero.
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook