ESOMI

cab5.jpg

Obxectivos

O obxectivo da Rede de Estudos de Coidados, Xénero e Cidadanía é o intercambio de resultados entre as/os analistas especializadas/vos e a revisión dos enfoques teóricos instaurados nos ámbitos de réximes de coidados, cadeas globais e coidados transnacionais, xénero e cidadanía. Pretende proporcionar non soamente un lugar de difusión destas investigacións senón tamén constituírse nun foro de debate e nunha rede científica consolidada dos estudos destas áreas asegurándose ademais accións encamiñadas a aglutinar estes ámbitos como contidos académicos.

Entre os obxectivos concretos da Rede poden destacarse os seguintes:

  1. Visibilizar as áreas de investigación centradas en analizar os "coidados", prestando especial interese a aquelas que incorporan as perspectivas de xénero e transnacionalismo.
  2. Avanzar no coñecemento das análises sobre os coidados formais e informais, a súa tendencia cara á privatización e a influencia das políticas públicas nas estratexias familiares de coidados.
  3. Incentivar a posta en marcha de novos proxectos de investigación entre as/os investigadoras/es integrantes da rede.
  4. Estreitar os lazos e os intercambios entre expertos e mozos investigadores.
  5. Estimular a integración de mozas investigadoras/es nestes campos e mellorar os seus coñecementos, destrezas e experiencia.
  6. Promover unha análise comparativa dos "coidados" a nivel rexional en España.
  7. Fomentar estudos interdisciplinares e multidisciplinares nestes ámbitos.
  8. Desenvolver contactos entre académicas/os, decisoras/es públicos e grupos de interese.
  9. Xerar un espazo interdisiplinar de debate e pensamento, dando visibilidade e poñendo en circulación aqueles estudos desenvolvidos dende diferentes perspectivas en torno aos coidados.
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook