ESOMI

cab2.jpg

Perfil recomendado

  • Dirixido aos xa graduados/as e/ou licenciados/as, inseridos/as no mercado laboral non só na Comunidade Autónoma de Galicia, senón de calquera outro lugar de España ou outro país (pensamos especialmente noutros países europeos e en América Latina), grazas ás facilidades que supón o uso da modalidade a distancia na docencia do noso máster, que facilita a compatibilidade co desempeño de actividades laborais e/ou responsabilidades familiares, pero tamén suaviza as barreiras xeográficas.

  • Dirixido aos recentemente graduados/as, non só de calquera das universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), senón tamén do resto de España ou outros países (europeos e latinoamericanos, especialmente). Non existe actualmente na nosa Comunidade Autónoma ningún máster oficial que permita lograr obter coñecementos especializados en políticas sociais e exclusión social. En consecuencia, tras cursar o noso máster, as posibilidades laborais multiplícanse para calquera postgraduado/a.
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook