ESOMI

cab3.jpg

Acceso e admisión

  • Título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster. (Segundo o establecido no Artigo 16 do Real Decreto 1393/2007, modificado polo Real Decreto 861/2010).

  • Adicionalmente ao anterior, no caso do Máster en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria, terase en conta a adecuación co perfil dos estudos do devandito máster. En consecuencia, aplicarase un baremo para a admisión, en base aos seguintes aspectos:

a) Titulación. Terán preferencia as solicitudes de admisión correspondentes a persoas que contan cunha titulación das especificadas como afíns no Perfil de ingreso recomendado.
b) Expediente académico.
c) Experiencia profesional, de voluntariado, docente ou investigadora en actividades propias do ámbito do Máster.
d) d) Formación complementaria e outros méritos (coñecemento de idiomas, estancias no estranxeiro, achegas científicas ou outra formación).
(Segundo o establecido no Artigo 17 do Real Decreto 1393/2007, modificado polo Real Decreto 861/2010).

Información orientativa: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normativa_Academica_2015_2016.pdf 

A documentación que é necesario achegar para o proceso de preinscrición é a seguinte:

  • Fotocopia compulsada do documento de identidade.
  • Fotocopia compulsada do título que dá acceso ao mestrado. Se o título está expedido por unha Universidade estranxeira dun país acollido ao Convenio de La Haya, o título deberá vir tamén coa correspondente apostilla.
  • Fotocopia compulsada da certificación académica do título (notas obtidas nas materias do plan de estudos). Se a certificación académica está expedida por unha Universidade estranxeira dun país acollido ao Convenio de La Haya, deberá vir tamén coa correspondente apostilla.
  • Calquera outra documentación que se considere de interese achegar de acordo co baremo de admisión antes indicado.
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook