ESOMI

cab6.jpg

Eventos

 

SESOMI 2013: CHAMADA A PROPOSTAS

2013

Organiza: Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais. Facultade de Socioloxía, Universidade da Coruña

Envío de propostas: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.   

 

 

Dende o Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) facemos unha chamada a propostas de participación nos nosos Seminarios de Investigación (SESOMI), que comezan o seu cuarto período de programación.

A serie de seminarios SESOMI ten como obxectivo  servir de foro de discusión e instrumento para fomentar a actualización de coñecementos e a reflexión en torno ao eido das migracións internacionais. En cada sesión preséntanse e discútense os proxectos, investigacións, artigos, teses, etc. en curso tanto de investigadores/as consagrados como de novos investigadores/as, coa idea de servir tanto para a aprendizaxe do público como de feedback para o investigador/a que expón resultados nun contexto informal e dinámico.

Se ten interese nesta temática e en compartir os resultados ou avances da súa investigación, convidámolo a presentar propostas para este cuadrimestre. Para elo, será necesario que decargues o documento "PRESENTACIÓN PROPOSTAS" e o envíes cuberto ao correo electrónico: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Documentos anexos
Download this file (BASES PRESENTACIÓN PROPUESTAS SESOMI.doc)PRESENTACIÓN PROPOSTAS [PRESENTACIÓN PROPOSTAS]74 Kb
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook