ESOMI

cab3.jpg

Eventos

 

SESOMI: "As migracións de menores marroquís a Galicia".

19 de outubro de 2012

Lugar: Seminario Fernández de Rota. Facultade de Socioloxía, Universidade da Coruña. Campus de Elviña s/n 15071 A Coruña 

Hora:  14.00h 

Serie de Seminarios de Investigación do ESOMI (SESOMI)

Iníciase a Serie de Seminarios periódicos do Equipo de Sociología das Migracións Internacionais (ESOMI) para o curso 2012/2013.

A súa finalidade é servir de foro de discusión de novas propostas de investigación. Nos SESOMI, os investigadores de prestixio, investigadores visitantes e doctorandos, presentarán os seus proxectos en curso baixo o formato aberto de debate e reflexión.

Celébranse na Facultade de Sociología, os venres a partir das 14.00 horas, podes traer o teu xantar.

Primeiro SESOMI Curso 2012/2013: 

“AS MIGRACIÓNS DE MENORES MARROQUÍS A GALICIA:
O CASO DE BENI MELLAL”

a cargo de

Sofía Laíz Moreira (Universidade da Coruña)

Neste Seminario presentaranse os primeiros resultados do traballo de investigación que Sofía Laíz  desenvolve  dende o ano 2010 coa comunidade de mozos migrantes de orixe marroquí  residentes  en Galicia.  Durante o SESOMI, abordarase a análise dos perfís de menores non acompañados con referentes familiares, co obxectivo de descifrar como operan diversas configuracións sobre o menor migrante, en tanto elementos estruturais. Prestarase especial atención a: 

-O marco de políticas públicas vinculadas á infancia migrante

-Os aspectos culturais e comunitarios

-A posición que ocupa o suxeito migrante dentro do sistema familiar

Esta investigación enmárcase dentro da súa tese de doutoramento que persegue o estudo dos procesos de transición á vida adulta dos mozos e mozas migrantes procedentes de Marrocos e de Arxentina, con especial atención ás traxectorias socio-ocupacionais e educativas dentro das estratexias de mobilidade social interxeracional.

 


 

ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook