ESOMI

cab2.jpg

Eventos

 

Coloquio-Presentación do libro: Políticas de control migratorio

17 de marzo de 2012

Lugar: Fnac A Coruña, Praza Eusebio da Guarda s/n

Hora: 18.30h

Coloquio con motivo da presentación do libro: "Políticas de control migratorio. Estudo comparado de España e EE.UU."  Coordinado por Antonio Izquierdo e Wayne Corneluis e editado por Bellaterra, 2012.

Este libro é o produto dunha investigación comparada que buscaba contrastar se as medidas de control migratorio levadas a cabo en Estados Unidos e España durante a última década tiveron o impacto desexado polos lexisladores. A investigación levada a cabo en España céntrase nos inmigrantes ecuatorianos e marroquís, os máis numerosos, e en Estados Unidos ocúpase da inmigración mexicana. ¿Qué efectos tiveron estas políticas? 

A partir do libro preténdese debater que políticas migratorias son máis adecuadas nun período de crise económica. A política de inmigración desenvolvida en tempos de bonanza propiciou a entrada de fluxos numerosos de estranxeiros e conduciunos a unha situación de irregularidade descontinua sostida por procesos de regularización. A imaxe do inmigrante asociouse aos nichos laborais e propiciou o acceso dos nativos a ocupacións socialmente máis prestixiadas. O crecemento económico foi superior ao que se produciu sen inmigración e a maioría dos inmigrantes asentáronse coas súas familias. ¿Pero  qué pasará nun futuro? ¿Regresarán aos seus países de orixe? ¿Serán necesarios outros fluxos? ¿Qué políticas de regulación de fluxos e de integración poden ser as máis exitosas tendo en conta a realidade española?

Para animar o debate estarán presentes, ademais do xornalista Tino Santiago (especializado en información política e económica), varios dos autores do libro: Antonio Izquierdo Escribano, Concha Carrasco Carpio (Profesora de Economía na Universidade de Alcalá de Henares), Antía Pérez Caramés e Belén Fernández Suárez (Profesoras de Socioloxía da Universidade da Coruña).

 
Documentos anexos
Download this file (Políticas de control migratorio.001.jpg)Presentación Políticas de control migratorio[Presentación Políticas de control migratorio]740 Kb
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook