ESOMI

cab3.jpg

Eventos

 

PROGRAMA CONGRESO INTERNACIONAL

CONGRESO INTERNACIONAL 

"EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN POR RAZÓNS LABORAIS NO RURAL DA UNIÓN EUROPEA"  

  Vimianzo, 4-6 de outubro de 2017


Entre os días 4 e 6 de outubro de 2017 celebrarase o Congreso Internacional "Emigración e inmigración por razóns laborais e na UE", promovido polo Concello de Vimianzo.

Este congreso internacional enmárcase no proxecto europeo ERN4mob – European Rural Network for Job Mobility, pertencente ao programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 que ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural 2020.

O Concello de Vimianzo, líder do proxecto, quere rematar o proxecto que deu comezo en xaneiro de 2016 organizando este evento internacional que acolla aos diferentes actores sociais implicados nas migracións e promovendo a participación dos demais socios europeos (Polonia, Portugal, Reino Unido, Italia e Eslovaquia). 

A Universidade da Coruña (UDC) colabora coa organización deste Congreso Internacional a través do Equipo de Socioloxía das Migracións Interancionais (ESOMI – www.esomi.es), grupo de investigación experto en materia de migracións. Radicado na Facultade de Socioloxía.


Máis información: http://www.vimianzo.gal/ern4mob/

 

Documentos anexos
Download this file (DÍPTICO_ERN4mobCongreso2017-def.pdf)DÍPTICO_ERN4mobCongreso2017-def.pdf[ ]1128 Kb
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook