ESOMI

cab3.jpg

Eventos

 

CURSO DE VERÁN!

PRAZO INSCRICIÓN CURSO VERÁN

"A igualdade de xénero na axenda para o desenvolmento"


Xa está aberto o prazo de inscrición para o Curso de verán "A igualdade de xénero na axenda para o desenvolmento".

Prazo de matrícula: Do 19 de Maio ata o 6 de Setembro.

Data: 11-14 de Setembro de 2017.

Lugar: Normal (Paseo de Ronda, 47. 15011 - A Coruña)

Duración: 18 horas. 

Coste da matrícula: 50 euros (xeral) e 30 euros (matrícula reducida para determinados colectivos). A matrícula para os catro primeiros alunxs da UDC será gratuíta.

Organiza: Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da Universidade da Coruña, Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais, e Enxeñería Sen Fronteiras-Galicia (ESF). Financiado pola Universidade da Coruña e por Cooperación Galega.


Para ver o programa e facer a matrícula: 

https://www.udc.es/…/cu…/cursosveran/cursos2017/curso16.html


Descrición

Este curso afronta a cuestión da igualdade de xénero nas políticas e prácticas de cooperación ao desenvolvemento. Dentro das temáticas que se tratarán farase especial fincapé na relación entre a igualdade de xénero e unha visión crítica da economía a nivel global, tamén se tratarán cuestións metodolóxicas prácticas como a realización de indicadores para medir o impacto de xénero nos proxectos de cooperación, a importancia da comunicación estratéxicas e nas redes sociais para impulsar unha maior sensibilización cara a unha sociedade máis xusta a escala planetaria, e finalmente, centrarémonos e falaremos da importancia do codesenvolvemento en relación cos procesos migratorios e como as experiencias de cooperación feitas desde Galicia están a introducirse na igualdade de xénero e nos enfoques feministas.

ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook