ESOMI

cab4.jpg

Eventos

 

COLOQUIO!

COLOQUIO DE RAMÓN GROSFOGUEL 

O vindeiro mércores 18 de maio as 19:00h na zona C en Santiago de Compostela, teremos un Coloquio con Ramón Grosfoguel, con que abordaremos a cuestión: "Unha ollada ao decolonialismo. Cara outras relacións Sur-Norte".

Ramón Grosfoguel (Porto Rico, 1956) é un sociólogo, profesor na University of Berkeley (USA), un dos grandes teóricos do decolonialismo, quen sostén que os efectos do colonialismo europeo non cesaron cos procesos de descolonización e e independencia nacional nos séculos XIX e XX, persistindo na cultura e nas formas de pensar.

Propón un xiro decolonial que deconstrua as visións universalistas do coñecemento, partindo dun pluralismo epistemolóxico onde teñan cabida diferentes formas de ver/entender o mundo.

A través deste Coloquio propoñemos este debate como punto de partida do Programa de Estudos en man Común, co obxectivo de repensar o papel de Galicia no mundo e da necesidade de achegarse a outros procesos de reivindicación deses pluralismos epistemológicos.

O coloquio, que é de entrada libre terá lugar na Zona C, unha sala anexa ao Museo do pobo Galego, situada na rúa San Domingos de Bonaval, n. 1, en Santiago de Compostela.

 

Info do evento  en https://www.facebook.com/events/787482738018534/permalink/787486381351503/

ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook