"xénero e Migración: Movilidades Cruzadas e Dinámicas Transnacionais"
34 de novembro de 2017
Lugar: Universidad Complutense de Madrid
O próximo 24 de novembro celébrase o Seminario "Xénero e Migración: Mobilidades Cruzadas e Dinámicas Transnacionales", organizado Laura Oso e Almudena Cortés, no marco do Proxecto FEM2015-67164R. Nel expoñerán os resultados da investigación publicados nun Monográfico da Revista Española de Socioloxía, coordinado por elas xunto a Amelia Sáiz: "MIGRACIÓNS E MOBILIDADE SOCIAL: ESCALANDO A XERARQUÍA SOCIAL NO ESPAZO TRANSNACIONAL" (Volume 26, Número 3, Setembro 2017).
Data: 24 de novembro de 2017
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía, Universidade Complutense de Madrid (UCM)
PROGRAMA
9:30-11:00: Inauguración Seminario Xénero e Migración: Mobilidades Cruzadas e Dinámicas Transnacionales.
Modera: Almudena Cortés, UCM
Conferencia: Tanjia Bastia, Universidade de Manchester, "O enfoque interseccional nos estudos de xénero e migración".
DESCANSO 11:00-11:15
11:15-12:00 Mesa redonda: Estratexias familiares de mobilidade: unha análise de xénero e interxeracional
Modera: Fernando Barbosa, UCM
12:00-12:15 DESCANSO
13:00-14:00 Mesa redonda: Migración, xénero e mobilidade social: unha aproximación cuantitativa.
Modera: Beatriz Moncó, UCM
Videoconferencia final a cargo de Irene Masdeu e Amelia Sáiz (UAB): "Xénero, mobilidade e interseccións xeracionais no espazo transnacional chinés".
MIGRACIÓN E MERCADO DE TRABALLO
30 de novembro de 2017
Lugar: Normal
O próximo 30 de novembro, celebraranse as Xornadas "Migración e mercado de traballo", coordinadas pola compañeira Laura Oso. Contaremos coa presenza de María Elena Gadea (Universidade de Murcia), Jacobo Muñoz Comet (UNED) e José A Valverde (Universidade da Coruña).
Serán en La Normal (Paseo de Ronda, 47, 15011, A Coruña), de 16 a 19 horas.
¡¡Darase certificado de asistencia!!
"Galician migrations: a case stydy of emerging super-diversity"
Londres: Springer.
(E., 2018)
Acaba de sair publicado un libro editado por Renée DePalma e a compañeira Antía Pérez Caramés: "Galician migrations: a case stydy of emerging super-diversity", da editorial Springer.
Estará á venda o 18 de novembro. O prezo será 114 euros. ¡¡Podedes pedilo na vosa biblioteca pública de referencia!!
Esta obra analiza Galiza como estudo de caso da superdiversidade migratoria. Un territorio atravesado por fluxos de mobilidade que nos conectan co mundo. Unha obra necesaria para dar a coñecer a "particularidade" galega e a relación das migracións coa súa estrutura social, demografía e identidade, e para internacionalizar todas estas grandes contribucións académicas feitas sobre as migracións galegas no contexto internacional.
26 e 27 de Outubro de 2017
Lugar: Normal / Librería Berbiriana
Os próximos 26 e 27 de outubro terán lugar as II Xornadas de Xénero e Tecnoloxía.
O programa é o seguinte:
16:30h - 20:30h. OBRADOIRO: "Visibilidade, coñecemento aberto e mulleres na rede”.
Patricia Horrillo [Coordinadora de Wikiesfera de Medialab-Prado, fai parte de Wikimujeres]. “
19:00h - 21:00h. Mesa Redonda: “Nodos feministas na Galicia dixital: a relación ciberactivismo e territorio”.
Uqui Permui [Deseñadora gráfica e artista visual]
Paula Rios [Feminista ciberactivista/Community Manager]
Revista Revirada [Revista Feminista Online]
Organiza: Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF-UDC), Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI), Enxeñería Sen Fronteiras-Galicia (ESF-Galicia).
Financia: Cooperación Galega (Xunta de Galicia) e Comisión de Extensión Universitaria, Actividades culturais e prácticas da Facultade de Socioloxía.
Colaboran: NORMAL e Librería Berbiriana.
CONGRESO INTERNACIONAL
"EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN POR RAZÓNS LABORAIS NO RURAL DA UNIÓN EUROPEA"
Vimianzo, 4-6 de outubro de 2017
Entre os días 4 e 6 de outubro de 2017 celebrarase o Congreso Internacional "Emigración e inmigración por razóns laborais e na UE", promovido polo Concello de Vimianzo.
Este congreso internacional enmárcase no proxecto europeo ERN4mob – European Rural Network for Job Mobility, pertencente ao programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 que ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural 2020.
O Concello de Vimianzo, líder do proxecto, quere rematar o proxecto que deu comezo en xaneiro de 2016 organizando este evento internacional que acolla aos diferentes actores sociais implicados nas migracións e promovendo a participación dos demais socios europeos (Polonia, Portugal, Reino Unido, Italia e Eslovaquia).
A Universidade da Coruña (UDC) colabora coa organización deste Congreso Internacional a través do Equipo de Socioloxía das Migracións Interancionais (ESOMI – www.esomi.es), grupo de investigación experto en materia de migracións. Radicado na Facultade de Socioloxía.
Máis información: http://www.vimianzo.gal/ern4mob/
LOS HEREDEROS DE LA CIUDADANÍA
Autora: Montserrat Golías
A Agrupación Instructiva de Caamouco en ARES vai acoller o vindeiro 23 de setembro (19 horas) a presentación do libro "Los herederos de la ciudadanía", o último traballo de Montserrat Golías, profesora do Departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración e investigadora do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionas (ESOMI) da Universidade da Coruña.
No estudo, Golías leva a cabo unha análise sobre os distintos motivos que levan aos fillos e netos dos emigrados españois a Cuba e á Arxentina a solicitar a nacionalidade española de orixe, tal como se recolle na Lei da Memoria Histórica do ano 2007. A autora afonda na Disposición Adicional Sétima da lei, que confire a nacionalidade española de orixe "ás persoas cuxo pai ou nai fose orixinariamente español e aos netos de quen perdeu ou tiveron que renunciar á nacionalidade española como consecuencia do exilio".
Tras a presentación do libro, terá lugar un debate entre a autora e os asistentes ao acto.
A Xunta Directiva da Agrupación Instrutiva quere agradecer a Montserrat Golías o seu interese por presentar en Caamouco o seu traballo, dados os fondos vínculos da parroquia co mundo da emigración e, en especial, con Cuba.
Localización: Agrupación Instructiva de Caamouco está situada no lugar da Tenencia, na parroquia de Caamouco, concello de Ares.
O xeito máis sinxelo de chegar é tomando a estrada que vai de Redes a Ares, e sempre nesta dirección, colleremos o segundo camiño que atopamos á nosa man esquerda.
Localización GPS: 43º25.659'N 8º12.335'O
CONGRESO INTERNACIONAL
"Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea".
Onte, mércores 20, o ESOMI aparecía nos medios a propósito do Congreso Internacional "Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea" no que participa como organizador xunto ao Concello de Vimianzo.
Será os próximos días 4-6 de outubro en Vimianzo.
Ver noticia completa, aquí.
SIMPOSIO (16/3)
CONEXIÓN ESPAÑA-CUBA. MIGRACIONES DE IDA Y VUELTA
(Eje temático: Migraciones)
Desde os equipos de investigación RIAM da Universidade de La Habana e ESOMI da Universidade da Coruña, convidámosvos a presentar as vosas contribucións ao Simposio "CONEXIÓN ESPAÑA-CUBA. MIGRACIÓNS DE IDA E VOLTA".
PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE RELATORIOS ATA O 20 DE OUTUBRO DE 2017
Podes facernos chegar a túa contribución a través da seguinte ligazón: https://www.conftool.pro/ica2018/index.php?page=login
Proponse unha mirada ás migracións entre España e o Caribe, prestando maior atención ao caso cubano. Preténdese un percorrido desde os primeiros migrantes españois tras a independencia, ata as actuais migracións de caribeños a España, EEUU e outros destinos. Tendo en conta, a perspectiva de xénero, pero tamén a interxeracional, polo que se dedicará un espazo aos pioneiros da cadea migratoria e aos seus descendentes, así como os cambios sociopolíticos nos contextos de análises que favoreceron ou frearon estas correntes migratorias.
Darase acollida aos seguintes temas:
-A emigración histórica de españois a Cuba
-A integración dos españois en Cuba e o vínculo con España
-A emigración de cubanos/as tras o Triunfo da revolución
-Os descendentes de españois en Cuba e a dobre nacionalidade
-Os movementos migratorios actuais: o cambio de rumbo
Coordinadores:
Yonnier Angulo Rodríguez (RIAM, Universidade de La Habana): This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Montserrat Golías Pérez (ESOMI, Universidade da Coruña): montserrat.golias@udc.es
Para máis información: http://ica2018.es/inicio/
MONOGRÁFICO REVISTA ESPAÑOLA DE SOCIOLOXÍA
"MIGRACIÓN E MOVILIDADE SOCIAL"
Acaba de publicarse na versión online (polo de agora) o monográfico sobre "Migración e Movilidade social" que coordinaron a compañeira do ESOMI Laura Oso e as investigadoras Amelia Sáiz (UAB) e Almundena Cortés (UCM).
Acceso a través do seguinte link:
PRAZO INSCRICIÓN CURSO VERÁN
"A igualdade de xénero na axenda para o desenvolmento"
Xa está aberto o prazo de inscrición para o Curso de verán "A igualdade de xénero na axenda para o desenvolmento".
Prazo de matrícula: Do 19 de Maio ata o 6 de Setembro.
Data: 11-14 de Setembro de 2017.
Lugar: Normal (Paseo de Ronda, 47. 15011 - A Coruña)
Duración: 18 horas.
Coste da matrícula: 50 euros (xeral) e 30 euros (matrícula reducida para determinados colectivos). A matrícula para os catro primeiros alunxs da UDC será gratuíta.
Organiza: Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da Universidade da Coruña, Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais, e Enxeñería Sen Fronteiras-Galicia (ESF). Financiado pola Universidade da Coruña e por Cooperación Galega.
Para ver o programa e facer a matrícula:
https://www.udc.es/…/cu…/cursosveran/cursos2017/curso16.html
Descrición
Este curso afronta a cuestión da igualdade de xénero nas políticas e prácticas de cooperación ao desenvolvemento. Dentro das temáticas que se tratarán farase especial fincapé na relación entre a igualdade de xénero e unha visión crítica da economía a nivel global, tamén se tratarán cuestións metodolóxicas prácticas como a realización de indicadores para medir o impacto de xénero nos proxectos de cooperación, a importancia da comunicación estratéxicas e nas redes sociais para impulsar unha maior sensibilización cara a unha sociedade máis xusta a escala planetaria, e finalmente, centrarémonos e falaremos da importancia do codesenvolvemento en relación cos procesos migratorios e como as experiencias de cooperación feitas desde Galicia están a introducirse na igualdade de xénero e nos enfoques feministas.