Diego López de Lera

Doutor en Socioloxía, Universidade da Coruña, Facultade de Socioloxía
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Tel. 00 34 981 167 000 (4847)

Diego é Doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid (1994) e Máster en Demografía polo Centro Latinoamericano de Demografía das Nacións Unidas, Santiago de Chile (1984). Actualmente é Profesor Titular de Universidade na Facultade de Socioloxía da Universidade de Coruña.

Dende 1998, e ten ao seu cargo as materias de "Teoría da poboación e análise demográfica", de Licenciatura e "Análise Demográfica" e "Proxeccións de Poboación", de Grao. Ten 2 Sexenios de investigación recoñecidos polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Na súa ampla carreira profesional cabe destacar as consultorías realizadas para diversos organismos internacionais (OCDE; Nacións Unidas) e nacionais (Xunta de Andalucía, Deputación Foral de Navarra, Xunta de Galicia, Comunidade de Madrid). A Coordinación do Máster en Socioloxía das Migracións Internacionais (2010-11); da área de migracións internacionais do Instituto de Demografía do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (1989-1994) e a Dirección do Departamento de Estatísticas Demográficas da Oficina Central de Estadística de Venezuela (1985).

As súas liñas de investigación orientáronse principalmente ao estudo da dinámica de crecemento das poboacións; á análise dos fluxos de migración internacional e ao estudo da situación da poboación estranxeira nos países de acollida.

Nos últimos anos realizou varios estudos e publicacións sobre estes temas, en concreto sobre a incidencia da inmigración estranxeira na dinámica demográfica do crecemento da poboación, e sobre a resposta das administracións públicas á presenza de inmigrantes estranxeiros.

ESPECIALIZACIÓN (Cód. UNESCO): 631199 Socioloxía da Poboación e 6301199 Socioloxía das Migracións. Tamén: 520102; 520302; 520304; 520603; 520606; 520610; 520703; 520707; 520709; 631102;

Proxectos de investigación

Dentro da súa participación en proxectos de investigación, en migracións e demografía, nos últimos anos cabe destacar:

Publicacións

Entre as súas últimas publicacións cabe destacar: