ESOMI

cab8.jpg

Diego López de Lera

Doutor en Socioloxía, Universidade da Coruña, Facultade de Socioloxía
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Tel. 00 34 981 167 000 (4847)

Diego é Doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid (1994) e Máster en Demografía polo Centro Latinoamericano de Demografía das Nacións Unidas, Santiago de Chile (1984). Actualmente é Profesor Titular de Universidade na Facultade de Socioloxía da Universidade de Coruña.

Dende 1998, e ten ao seu cargo as materias de "Teoría da poboación e análise demográfica", de Licenciatura e "Análise Demográfica" e "Proxeccións de Poboación", de Grao. Ten 2 Sexenios de investigación recoñecidos polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Na súa ampla carreira profesional cabe destacar as consultorías realizadas para diversos organismos internacionais (OCDE; Nacións Unidas) e nacionais (Xunta de Andalucía, Deputación Foral de Navarra, Xunta de Galicia, Comunidade de Madrid). A Coordinación do Máster en Socioloxía das Migracións Internacionais (2010-11); da área de migracións internacionais do Instituto de Demografía do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (1989-1994) e a Dirección do Departamento de Estatísticas Demográficas da Oficina Central de Estadística de Venezuela (1985).

As súas liñas de investigación orientáronse principalmente ao estudo da dinámica de crecemento das poboacións; á análise dos fluxos de migración internacional e ao estudo da situación da poboación estranxeira nos países de acollida.

Nos últimos anos realizou varios estudos e publicacións sobre estes temas, en concreto sobre a incidencia da inmigración estranxeira na dinámica demográfica do crecemento da poboación, e sobre a resposta das administracións públicas á presenza de inmigrantes estranxeiros.

ESPECIALIZACIÓN (Cód. UNESCO): 631199 Socioloxía da Poboación e 6301199 Socioloxía das Migracións. Tamén: 520102; 520302; 520304; 520603; 520606; 520610; 520703; 520707; 520709; 631102;

Proxectos de investigación

Dentro da súa participación en proxectos de investigación, en migracións e demografía, nos últimos anos cabe destacar:

  • Como Investigador Principal:
    • Estudo sobre os "Procesos de retorno de los inmigrantes extranjeros en España". Estudio financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación de España (CSO2008-03561. Xaneiro 2009-xuño 2012).
    • Estudo sobre a "Incidencia de la inmigración en la dinámica demográfica de la población andaluza" (Convenio entre El Instituto de Estadística de Andalucía e a Universidade de Coruña. 2008-09).
    • "Manual para la atención e integración de los inmigrantes en Galicia" (Convenio entre a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e a Universidade de Coruña. 2006).
    • A coordinación do estudo "Demografía de los Extranjeros: incidencia en el crecimiento de la población" (patrocinado pola Fundación BBVA. 2003-05).
  • Como membro dos equipo de investigación:
    • Estudo "La inmigración Latinoamericana en los Países de la OCDE". Dirixido por Antonio Izquierdo Escribano (Patrocinado pola OCDE. 2003-04).

Publicacións

Entre as súas últimas publicacións cabe destacar:

  • Libros:
    • "Administración pública e estranxería: necesidades formativas e "Boas prácticas", (Santiago de Compostela. 2007. Ed. EGAP. 156 páxs)
    • "Demografía de los extranjeros. Incidencia en el crecimiento de la población", (Bilbao, 2006. Ed. Fundación BBVA. 330 páxs).
  • Capítulos de libros e/ou artigos de REVISTAS:
    • 2007 La inmigración latinoamericana en España. Tendencias y estado de la cuestión. En: Yépez del Castillo, I. y Herrera, G. (editoras)
    • Nuevas migraciones latinoamericanas a Europa. Balance y desafíos. Quito, Ecuador. Ed. FLACSO. Páxinas 31-67. ISBN: 978-9978-67-141-2.
    • "El impacto de la inmigración extranjera en las regiones españolas", capítulo del libro Análisis territorial de la demografía española. (Madrid. Fundación Fernando Abril Martorell. 2006).
    • "Inmigración y población", capitulo do libro Impacto de la inmigración en una sociedad que se transforma (Navarra. Ed. Gobierno de Navarra, D.Gral de Bienestar Social. 2005).
ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook