Obdulia Taboadela Álvarez


Doutora en Socioloxía, Universidade da Coruña, Facultade de Socioloxía This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Tel. 00 34 981 167 000 (4846)

Obdulia é Doutora en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou a súa tese doutoral sobre o Sindicalismo español na transición. A súa especialización académica dirixiuse ao estudo do fenómeno da globalización e das transformacións sociais asociadas a ela. Experta en temas laborais, sindicais e de recursos humanos.

Observadora da evolución e transformacións do mercado de traballo a nivel global, con especial incidencia no traballo feminino.

É profesora titular de Socioloxía da Universidade da Coruña dende 1993. Nos últimos sete anos dedicouse á actividade política, ocupando o posto de Subdelegada do Goberno na Coruña (2004-2007) e Concelleira do Concello da Coruña (2007-2011) En 2011 retornou á Universidade onde ademais de impartir docencia na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, é a coordinadora (curso 2011-2012) do Máster Oficial en Migracións Internacionais da UDC.

Realizou Estanzas como profesora investigadora e/ou conferenciante en distintos centros de investigación no estranxeiro:

Publicacións

Publicou distintos artigos en revistas nacionais e estranxeiras e capítulos de libros sobre diversos temas relacionados coa súa especialización actividade académica: sindicalismo e relacións laborais, mercado de traballo, aspectos sociais da globalización. Así mesmo, participou en máis dunha vintena de investigacións de financiamento pública e privada, referidas ao estudo sociolóxico da sociedade española.