ESOMI

cab4.jpg

Paula Alonso Pardo

Paula

Técnica de Xestión e Investigación no ESOMI, Facultade de Socioloxía - Universidade da Coruña (UDC).

Doutoranda

This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Tel: + 34 981 167000 - ext.: 4865.

Paula é Licenciada en Sociología pola Universidade da Coruña (UDC). Especializouse en migracións internacionais cursando o Máster Oficial de Migracións Internacionais: investigación, políticas migratorias e mediación intercultural, da mesa universidade e foi investigadora en formación no marco do programa FPI (Formación do Persoal Investigador), no grupo de investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA) da Universidade de Santiago de Compostela, que coordina José Antonio Caride (USC) e do que é colaboradora.  

Actualmente goza dun contrato de técnica de xestión e investigación no ESOMI, financiado pola Xunta de Galicia no marco de Axudas de Consolidación para Grupos de Referencias Competitiva (GRC20014-048) e realiza a tese doutoral sobre "O uso diferencial dos tempos educativos e sociais en adolescentes migrantes: a súa incidencia nos procesos de socialización familiar, escolar e comunitaria", codirixido por José Antonio Caride (USC) e Laura Ouso Casas (UDC). 

As súas liñas de investigación céntranse no uso dos tempos educativos e sociais en adolescentes migrantes, estratexias educativas de familias migrantes, procesos de socialización de menores migrantes e política educativa.

Na súa traxectoria de investigación formouse en centros internacionais como:

  • Institute for Social Science in the 21th century (ISS21), Universidade de Cork (Irlanda);
  • Centro de Infancia y Mundo Urbano (CIIMU), Barcelona (España); 
  • Instituto de Investigación en Educación (IEE), Universidade Veracruzana Intercultural de Xalapa (México); 
  • Universidade de Buenos Aires (UBA), e
  • Instituto de Planejamento Urbano e Rexional (NIEM), Universidade Federal de Río de Janeiro (Brasil).  

 

Proxectos de investigación

  • “Global trends in social inequalities in Europe and Latin America and exploring innovative ways to reduce them through life, occupational and educational trajectories research to face uncertainty (INCASI)”, en el marco del Research and Innovation Staff Exchange (RISE), Programa MSCA, H2020, UE.  Investigadora de la UDC que dirige Laura Oso Casas, socia en el consorcio internacional.  Financiado por la  Unión Europea.
  • "Género, transnacionalismo y estrategias intergeneracionales de movilidad social" (FEM2011 – 26210), dirigido por Laura Oso Casas (UDC) y financiado por el Ministerio de Economía. Período: 2011-2014.
  • "De los tiempos educativos a los tiempos sociales: la construcción cotidiana de la condición juvenil en una sociedad de redes", dirigido por Jose Antonio Caride (USC) y financiado por el Ministerio de Economía. Período: 2011-2014.
  • "Evaluación  del impacto de las políticas  educativas  en las migraciones de niños y jóvenes procedentes de Marruecos hacia España: una propuesta de prevención  y de intervención con la juventud migrante", dirigido por Natalia Ribas y Laura Oso Casas (UDC) y financiado por la  Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). Período: 2011-2013.
  • "Migracións e segundas xeneracións arxentinas e marroquís en España, estratexias de mobilidade social inter-xeneracional e impacto no desenvolvemento: un enfoque de xénero", dirigido por Laura Oso Casas (UDC), y financiada por la  Oficina Cooperación y Voluntariado (OCV), Universidade da Coruña. Período: 2011-2012
  • "Tiempos escolares y tiempos de ocio: problemáticas específicas y alternativas pedagógico-sociales en la vida cotidiana del alumnado de Educación Secundaria Obligatoria", dirigido por José Antonio Caride (USC) y financiado por el Ministerio de Ciencia e Innovación. Período: 2008-2011.
  • "El impacto de la inmigración en el desarrollo: género y transnacionalismo", dirigido por Laura Oso Casas (UDC) y financiado por el Ministerio de Innovación y Ciencia. Período: 2007-2010.

Publicacións

As súas publicacións más recentes son as seguintes:

 

 

 

ESOMI
SIGUENOS EN: facebook twitter facebook